domingo, 19 de agosto de 2012

FEDERICO GARCIA LORCA, ÁNXEL CASAL E A MEMORIA HISTÓRICA


MADRIGAL A CIBDA DE SANTIAGO
.
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
.
Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Federico García Lorca (Seis Poemas Galegos)



 Luar na Lubre & Ismael Serrano "Chove en Santiago"


Os "Seis Poemas Galegos" foron publicados pola editorial galega "Nos" en 1935, o seu editor era o Alcalde de Santiago de Compostela, Ánxel Casal Gosende. O 18 de agosto do 36 Federico foi fusilado en Granada e un día despois Ánxel Casal, que foi detido o 4 de agosto e "oficialmente" posto en liberdade o 19, apareceu morto nunha cuneta da estrada da parroquia de Cacheiras pertenecente ao municipio de Teo a 17 km. de Santiago.


Hoxe é o cabodano do asasinato de Lorca e de Ánxel Casal, porque outro nome non se lle pode dar a uns fusilamentos por razóns ideolóxicas, e nun Golpe de Estado amparado polos Xefes e Oficiais máis reaccionarios do exército español, a oligarquía económica e a Igrexa Católica. A foxa onde se encontra Federico non se encontrou despois de múltiples intentos. Hoxe é un día para recordar os miles de cidadáns españois que aínda están nas cunetas, en terreos ou cemiterios ou en foxas comúns e sen identificar.



É unha vergoña para un país como España que presume de democracia e ao que os seus políticos nunca lle cae da boca a frase "estado de dereito". Ata o Presidente que prometeu unha Lei de Memoria Histórica, despois de chegar ao poder descafeinar a, posiblemente por presións desas forzas que nunca deixaron de ter o poder que tiñan durante o franquismo, os asasinos. Este país non se pode permitir baixo ningún concepto que o corpo de Federico García Lorca vilmente asasinado o 19 de agosto de 1936 e os miles e miles que correron igual sorte, sigan ilocalizables e as súas familias non lles dean a sepultura que merecen. Un pobo que permite isto perdeu toa a súa dignidade como tal. Os enterramentos son os primeiros signos da existencia do home como tal.  


Non espero nada dos neo franquistas nin dos falanxistas nin dos seus colaboradores, pero aínda que ateo, pola miña formación esperaba da Igrexa Católica unha chamada de atención ao Estado sobre esta situación; e máxime cando foi a Igrexa unha das colaboradoras necesarias no golpe e foron membros desa Igrexa os que en moitos casos sinalaban co dedo ás turbas falanxistas cando entraban en pobos e cidades a aqueles que se significaban como republicanos e a sabendas do que ía pasar con eles. De la Xerarquía Eclesiástica Española xa non espero nada pero non ten credibilidade ningunha facer unha campaña contra o aborto e non pedir que os corpos sen identificar poidan ser enterrados. Non se pode bendicir as tropas nin pasear baixo palio ao Ditador sen que a metade dos españois non llo recorden día a día.


(en castelán)

3 comentarios:

  1. Me ha encantado tu posteo galego, que he leído con gusto en tu lengua materna, que entiendo pero que, desgraciadamente, no conozco lo suficientemente bien como para escribir en esa preciosa lengua.

    Y como siempre, comparto totalmente todo lo que dices.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Luisa, me alegra además viniendo de ti que conoces tan bien mi Galicia. Mucha gente no sabe que Lorca escribió en gallego y menos quien era Ánxel Casal. Tengo otro prepardo en "galego" pero me cuesta. Son una serie de historias de esas que cuento de vez de cuando. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Yo no lo sabía, y ha sido un auténtico regalo el descubrirlo. Tampoco conocía a Ánxel Casal, asumo mi ignorancia, me quedé en Celso Emilio Ferreiro, Castelao, Rosalía y alguno más que mi desmemoriada memoria me impide en este momento mencionar. Espero con impaciencia esas historias en galego, de verdad.

    ResponderEliminar