![]() |
| Velorio (Virxilio Viéitez) |
Hai anos, cando eramos nenos, o meu
irmán e mais eu adoitabamos pasar algunhas tardes pola casa das nosas avoas
galegas, Ángela e Luisa, avoas postizas pero ás que queriamos coma se fosen as
de verdade, que estaban en Canarias. Un día soou o chamador do portal, aqueles
chamadores de bronce que antes da instalación dos porteiros automáticos erá a
única forma de acceder a unha casa sen porteiro, un toque era o primeiro, dous
toques o segundo, xa se era dereita ou esquerda tiña que baixar alguén do piso
requerido ou preguntar polo balcón. Oíuse a veciña do lado dicir:
—Baixo eu Angelita, que vou comprar— e
os seus tacóns de agulla soaron contra os chanzos de madeira seguidos de un —Ah
é vostede, suba.
O meu irmán e mais eu, que seguramente
estabamos a dar conta dun anaco de pan e unha onza chocolate, en canto oímos as pisadas
de alguén subindo corremos empurrándonos para ver quen chegaba antes á porta.
Mentres, a avoa Ángela dicía:
—Demo de nenos, vos vaís a matar.
Cando abrimos demos un paso atrás, na
penumbra da escaleira, na escuridade, apenas iluminado pola luz do corredor estaba
un home, alto, moreno, enjuto, cos ollos afundidos, unha carteira debaixo do
brazo e enfundado nunha bata de pano negro que nos dicía:
—¿Angelita Alonso?, veño a cobrar a
morte.
Sen darnos tempo a pensar mais, a miña
madriña empúrronos e mándonos para o saloncito.
Eu morto de medo púxenme a morder o
chocolate pensando no que acababa de ver e escoitaba o que falaban mentra
pensaba: “A cobrar a morte? ¿que era iso de cobrar a morte? , ¿había que pagar
por morrerse?, entón o que non tiña diñeiro non morría”.
Pensei naquel pobre tan vello e tan
limpo que viña a pedir á casa todos os domingos con un traxe de moitos anos, limpo e digno, con á súa boina nunha man mentres extendia a outra dicindo
"saúde e sorte". “¿Non se morrería nunca?”. Debería ter mais
de cen anos. ¿Sería mellor ser pobre e vivir do que nos dean os demais toda a
vida?”.
Pregúntelle á avoa Luisa, que como era
cega estaba sempre sentada nunha butaca baixa escoitando, e ás veces oíndo, Radio
Vigo.
—Avoa porque pagas a morte, se non a
pagases non morrerías.
Ela, acariciándome a cara díxome.
—Filliño, para que queremos vivir toda a
vida e menos da caridade. É mellor que Deus nos leve con él.
Hoxe seguramente contestaríalle "Avoa,
antes de que Deus nos leve o mellor é loitar pola vida"
